O PSOE De Corcubión critica o funcionamento do goberno BNG-PP e pide que se prioricen as actuacións. Reproducimos a nota de prensa íntegra.

 O grupo da oposición do concello de Corcubión quere poñer de manifiesto a nula xestión dos actuais gobernantes xa que a data de hoxe, fin de ano, ainda non tramitaron o proxecto da Consellería de Vivenda para a rúa Antonio Porrúa, que é necesaria para resolver os graves problemas que se xeran cando chove intensamente, inundando a zona da fonte da praza de Castelao. No ano 2006, despois das riadas, o concello presentara un proxecto de 200.000 € elaborado polo arquitecto da área de rehabilitación do casco histórico e que foi aprobado e financiado nun 80% pola Cª de Vivenda. Nos primeiros meses do 2007 foron feitos os trámites coa consellería e durante o resto do ano, os actuais gobernantes, non foron capaces de crear a partida necesaria (PERO SI A DAS RETRIBUCIÓNS DOS CONCELLEIROS DO GOBERNO), publicitalo, licitalo nin executalo. Nesta mesma situación se encontra tamén o POS 2007 para a rúa das Mercedes, o proxecto da rúa Serrano de Neria e o da travesía San Marcos-A Mariña, tellado da capela do Pilar,…. que xa foran aprobados pola anterior corporación municipal. A oposición se pregunta se isto é causa de ter outro persoal ao frente dos trámites dos expedientes de obras ou porque a aportación destes proxectos (un deles non presupuestado) os tiveron que destinar a outros gastos máis “urxentes”, como é o das retribucións dos concelleiros do goberno.Relacionado coa prevención dos efectos das chuvias, na rúa Rafael Juan onde se tiñan instalado uns desaugadoiros para recoller as augas pluviais, a pasada semana optaron por acortalas, recheándoas con cemento deixando case sen efecto a súa finalidade. Dase a casualidade que xa o goberno anterior as tiña incluido nun plan de obras da Diputación que o actual ainda non executou. Polo menos, opinamos que, de arranxalas directamente o Concello, o fagan poñendo material novo, ou  é que xa non hai diñeiro?!!!. Se é así, PEDÍMOSLLES que prioricen os gastos directos aos servizos dos veciños e non tanto para o peto propio. Finalmente, a oposición volveu presentar un novo escrito solicitando por segunda vez, ver o expediente relacionado coa modificación orzamentaria, do tío do tenente de alcalde. Cando teñamos acceso ao expediente que está solicitado desde máis de mes e medio, teremos o debate político correspondente, para clarexar que a denuncia urbanística era da etapa de Rafael Mouzo e nós, con responsabilidade, tramitamos o expediente sancionador e foi máis unha vez o aparellador municipal quen non soubo facer o seu traballo.