O Presidente Touriño visitou a Costa da Morte

Por o 8 mayo, 2008

Image

O Presidente Touriño anunciou na súa visita ós concellos de Cee e Corcubión que o goberno galego está facendo real o cambio da Costa da Morte e facendo posible que os mozos deste territorio teñan unha oportunidade nunha terra que ata agora estaba marxinada.

 

O discurso coincide coa adxudicación definitiva da Vía de Alta Capacidade de Costa da Morte  entre Carballo e Berdoias, que será construida pola asociación de empresas formada por Ferrovial, Agromán, Taboada e Ramos. O orzamento ascende a 249 millóns de euros.
A nova infraestructura atravesará os concellos de Coristanco, Cabana, Zas, Vimianzo e Dumbría, cun percorrido total duns setenta quilómetros. As obras comezarán antes de que remate este no 2008. O treito entre Carballo e Baio estará rematado no 2010.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login