A iniciativa da  Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros  de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

O Concello de Corcubión en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, programou o obradoiro de Xogos educativos en Internet para nenas e nenos, de 4 horas de duración, que se desenvolverá os xoves e venres desde o día 21 até o 29 de agosto, na Casa da Xuventude de Corcubión (situada detrás do Concello).
Con esta actividade preténdese que as nenas e os nenos, coñezan e disfruten aprendendo dos diversos xogos educativos que poden atopar na Rede.
Datos de inscrición: o obradoiro vai dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, o prazo da inscrición, até o 19 de Agosto.
As inscricións poderanse realizar durante a semana do 11 ao 14 de Agosto, no propio Concello de Corcubión ou no teléfono 981 74 54 00 (a Aula estará pechada nese período) ou fora dese prazo, na propia Aula de Informática, onde poderán recibir máis información sobre a actividade.

Para máis información sobre o proxecto  pódese acudir ao  portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu