Image
O alcalde socialista de Muxía prestaba declaración nos xulgados de Corcubión, negando as acusacións de "fraude e prevaricación", en relación co asunto da presunta axente electoral do PSOE. Expresou o seu desexo de que "este circo" chegue o seu fin canto antes.

Porto Serantes definiu a María Isabel Blanco Rodríguez coma "unha pícara sen escrúpulos" e negou estar implicado na trama denunciada desdé o Partido Popular.

O alcalde muxián, que declarou coma imputado, negouse a respostar as preguntas formuladas polo PP polo "xuízo mediático paralelo que os populares montaron dende fai tempo". Na súas declaracións públicas, o rexedor do PSOE cree que todo se trata dunha venganza personal e que o PP só buscaba construir unha "cortina de fume".