Ramón Vigo.

Ramón Vigo.

O alcalde ceense continuará coma Presidente de Neria. Logo de lembrar que “O Bloque quixo dinamitar Neria”, convidou ó PP a cubrir a vacante na vicesecretaría  da xunta permanente, e amosouse confiado en que os populares non viren as costas a asociación, tal e como xa parece evidente.

As fontes consultadas por Anosacosta.com confirman un distanciamento do Partido Popular con respecto a Neria, e que finalmente non se ocupará a vicesecretaría que ocupaba a carnotana Marisol Piñeiro, que renunciaba ó seu posto alegando as múltiples ocupacións que tiña. O sábado celebrábanse os comicios en Neria, pero os seus rectores deixaban a vicesecretaría “vacante” a disposición do Partido Popular. Ramón Vigo reitera a súa invitación  os populares e asegura que:

“Espero que o Partido Popular siga creendo en Neria e participe. A pesar de gañar na Xunta, non pode obviar que ten moitos votos prestados  e non pode entrar coma un elefante na cacharrería, e ten que facilitar unha vida cómoda a entidades coma Neria”.

Image

O Presidente de Neria confía en que se designe un representante deste partido “que non ten porque ser un alcalde ou un teniente de alcalde. Esta vacante está a disposición do PP”. A pesares de que parece evidente que os conservadores non seguirán os consellos dos directivos nerios, Vigo insiste en estar “confiado” e engadiu que o feito “de que teñan o poder político na Xunta de Galicia, pode darlle máis forza para axudar a Neria e a comarca”.

“O BNG COMO NON PODÍA CHEGAR O PODER, QUIXO DINAMITAR NERIA”.

Ramón Vigo tamén fixo mención ó papel do Bloque con respecto a Neria:

“O BNG como non podía chegar ós órganos de poder de Neria, porque non tiña apoio electoral, quixo dinamitar Neria, e poñerlle terra por riba”.

O Presidente considera que “moita xente cree en Neria”, e asegura que a súa saúde e “moi boa a pesar de que tivemos varias embestidas de entidades feitas desde a irracionalidade territorial” .