Image

En declaracións a Radio Líder, o alcalde socialista de Muxía, Félix Porto manifestaba que apoiaba a instalación de Pescanova en Cabo Touriñán e recibía a noticia “con alegría”.

A posibilidade de recuperar o proxecto de instalación dunha piscifactoría en Cabo Touriñán, no concello de Muxía, conta co apoio do goberno local de Muxía. O seu rexedor, o socialista Félix Porto Serantes o deixaba claro na sintonía rexional de Radio Líder ( www.radiolider.com )

“Todo aquelo que xenere emprego e non xenere medio ambientalmente problemas benvido sexa. Recibimos con alegria a noticia, e cerramos filas no goberno municipal para que Pescanova se poida instalar en Muxia”.

A planta de Touriñán, conta co respaldo de Xunta de Galicia e do Partido Popular e a oposición de PSOE e BNG. Nas filas socialistas locais hai voces discrepantes coa liña oficial do partido, entre elas, segundo estas declaracións, a de Félix Porto.