Image

Desde Cee, Marisol Soneira fixo un balance negativo dos orzamentos para a Costa da Morte.

Segundo a secretaria xeral do PSdG-PSOE na Costa da Morte estas contas supoñen  “reducción de perto de dez millóns de euros en investimento na Costa da Morte”. Dubidan da execución da autovía Carballo- Fisterra, e aseguran que para esta anualidade  non hai ningunha obra prevista en ningún peirao salvo o de Brens “ que xa estaba en execución”.

“Son uns orzamentos miserables coa Costa da Morte, existen propostas onde se mostra especialmente o desprezo da Xunta de Galicia con nós, como son os recursos destinados ao Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira de Cee. Un hospital que deu un salto de calidade nos últimos tres anos, sen precedente, que pasou a ser un referente nos hospitais de Galicia” comentou Marisol Soneira Tajes.

Soneira criticou a non gratuidade dos libros de texto, duns orzamentos que estima que “non son beneficiosos para a Costa da Morte” e que os deine coma un insulto.

A deputada fai a seguinte reflexión:

“Mentres que se di que non existen recursos para a residencia de Vimianzo, pública, e de referencia comarcal, enterámosnos que síe existían recursos para facer un centro de día en Carnota. Non está ben falar de que non existen recursos para unha residencia comarcal e si existan recursos que non estaban nos orzamentos en un "concello amigo" gobernado polo Partido Popular. Estamos dacordo que esas propostas sexan para todolos Concellos de Galicia, pero non exclusivamente para os Concellos que son "amigos do Presidente Feijoo".

Sede de Camariñas

O secretario xeral do PSdG PSOE Pachi Vázquez participou na inauguración da sede dos socialistas de Camariñas, nun acto onde interviu a responsable local, Encarna Liñeiro, e o propio líder do PSOE galego. Tamén estiveron presentes a deputada Marisol Soneira, o alcalde de Camariñas, Manuel Alonso e outros cargos comarcais.