Image

O PP cumprirá cos veciños da Costa da Morte como non fixo o goberno bipartito PSOE-BNG, asegura Marisol Piñeiro insiste en que a Vía de Alta Capacidade será unha realidade do prazo previsto.

 

En base as críticas feitas polo PSOE e BNG con respecto a V.A.C. da Costa da Morte,  a deputada autonómica Marisol Piñeiro fixo a seguinte reflexión:

“A única certeza que hai na Costa da Morte é que a Vía de Alta Capacidade non está feita nin estaba para iniciarse e o Partido Socialista sabíao. Hai que ter unha caradura despois de estar catro anos vendendo fume, que veñan con esixencias a un goberno que leva seis meses e que xa conseguiu  desbloquear esta e outras inversións”.

“Touriño colocou a primeira pedra sabendo que a empresa concesionaria non iba a facer a obra. Máis engano é imposible” dixo a deputada do PP que reafirmou o compromiso  de que a vía “está a punto de licitarse e será unha realidade o longo desta lexislatura”.

Piñeiro fixo alusión os orzamentos “que se comprometen coa zona”, con investimentos portuarios, en saneamentos, melloras no colexio de Os Muiños, no edificio xudicial de Corcubión. Etc. Tamén asegurou que na recente xuntanza comarcal decidiron, tal e como se fixera recentemente en Coristanco, demandar “un plan para evitar a diáspora dos nosos xoves, pero plans realista e adaptado as nosas necesidades”.