REGOPICHURRI

PSOE  e PP repiten candidatos no feudo socialista de Camariñas.

 

Camariñas é un feudo tradicional do socialismo. Salvo os catro anos que gobernou a U.C.D. con Jesús Ramos Fuentes como alcalde, o resto do tempo o primeiro sillón municipal tivo un inquilino socialista.

 

Foi Juan Bautista Santos Ramos (1983-2007) e que acadou cinco maiorías absolutas e só viu en perigo o poder nos comicios de 1999 cando empatou a seis concelleiros con Ruperto Mosquera Rey, aínda que Santos foi o máis votado.

 

Desde 2007, é alcalde Manuel Valeriano Alonso de León (que xa fora concelleiro). O grupo municipal socialista conta con oito representantes, e o Partido Popular de Daniel Rego ten cinco actas. Nos últimos comicios o BNG no acadou representación.

 

 

As candidaturas de PSOE e PP

O Partido Socialista aspira a seguir contando como alcalde con Manuel Valeriano Alonso de León (Pichurri). Séguenlle na lista,Sandra Insua Rial (Ponte do Porto),Juan Manuel Cabrejo Pasantes (Camariñas),Mercedes Martín González (Camelle),Sergio Caamaño Fernández (Xaviña), Gemma Pedreira Allo (Arou), Mª Carmen Linares Chica (Buría),Rosana Barbeito Fandiño (Dor-Ponte do Porto),José Luis Rodríguez Tajes (Camariñas),Juan Carlos Canosa Marcote(Camelle),Mª Ángeles Santos Cibrán (Xaviña),Roberto Castro Tajes (Brañas Verdes),Mª Teresa Castro Carril (Camariñas),María Mouzo Canosa-(Arou),Javier Cabrejo Triñanes (Camariñas),Germán Camiño Mouzo (Arou).

 

O Partido Popular volve a contar con Daniel Rego González como alcaldable. Completan a lista, Luís Lema Méndez(Ponte do Porto), Pilar Pardiñas Sar(Camelle), Ana María Méndez Blanco(Camariñas), Celestina Castiñeira Blanco(Xaviña), Pilar Pérez Sánchez(Arou), Carmen Suárez Fuentes(Camariñas), José Lavandeira Vieites(Camelle), Manuel Martín Castiñeira Vidal(Ponte do Porto), José Luís Castro Blanco(Camariñas), Mónica Lista Sestayo(Camariñas), Ismael Tajes Mouzo(Santa Mariña), Dolores Rodríguez Sánchez(Camelle), Vanesa López Tajes(Camariñas), Jesús Antonio Allones Bermúdez(Ponte do Porto), Estrella Antelo Martínez(Camariñas), Félix Pose Pardiñas(Arou).