joseblanco

Comenzará a construirse no mes de xullo.

O Ministro de Fomento, José Blanco anunciou a pasada fin de semana que a mediados do mes de xullo comenzará a construirse un Heliporto de Salvamento marítimo no concello de Cee.

 

O Goberno do estado investirá 1,3 millóns de euros neste servizo que estará operativo antes de que remate o 2011. José Blanco informou que con esta e outras actuacións anunciadas pretende que Galicia non siga “infrapreparada” nesta materia nove anos despois da tragedia do Prestige.

 

Lembrou que o centro de Salvamento Marítimo controla a máis de 40.000 buques mercantes cada ano