FOTO VISITA CEIP OS MUÍÑOS

A Xunta de Galicia inviste 900.000 euros na mellora.

 

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, inspeccionou as obras de mellora e ampliación do CEIP Os Muiños, no concello de Muxía e onde se inviste 900.000 euros.

Estivo acompañada pola xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, polo alcalde de Muxía, Félix Porto e pola Directora do centro, Aurelia Picallo.

 

Mediante esta actuación crearánse novas aulas de educación con aseos, e habilitaráse un ximnasio. A reforma tamén afecta a cociña do centro que se beneficia dunha renovación, pero non impedirá a apertura do curso.

 

“A Xunta traballa para seguir avanzando na adecuación das infraestruturas educativas co fin de continuar mellorando as condicións de traballo e estudo” afirmou Belén Do Campo.