000000528440

Varios políticos da bisbarra figuran no seu equipo de colaboradores.

O político nado en Cee, Francisco Caamaño Domínguez é o novo secretario xeral dos socialistas coruñeses despois de superar os seus rivais na elección, José Manuel Lage Tuñas e Valentín González Formoso.

 

A comisión executiva provincial contará con varios representantes das nosas bisbarras. A deputada camariñana Marisol Soneira Tajes ocupa a secretaría de Mar, e o concelleiro musían Samuel Lago Ozón a de Medio Rural. No apartado de Sanidade, foi elexido o voceiro en Negreira, Jorge Tuñas Caamaño. A alcaldesa de Muros, Caridad González Cerviño estará ao cargo da secretaria de Cultura e Turismo. Tamén figura nunha secretaría sen especificar o concelleiro pontecesano, José Mato Pet.Ademáis elixíronse os membros que pertencerán o comité provincial. Entre eles está o responsable do PSOE en Zas, Suso Fuentes Castiñeira, a ceense Anabel Piñeiro Agulleiro, o dubrés José Rodríguez Bardanca, ou o carnotán Jesús Campos.

 

No seu discurso, Caamaño confiou en que os socialistas poidan acceder o poder autonómico.