FOTO VISITA CEIP EUGENIO LÓPEZ

Investirá 200.000 euros este verán en varias escolas.

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo realizou unha visita ao concello de Cee, para supervisar na compaña da alcaldesa, Zaira Rodríguez as obras que se desenvolveron no instituto Fernando Blanco, rematadas hai uns días e que consistiron na creación de novos aseos e na reparación da cuberta e as fiestras e contaron cun investimento de 26.000 euros

 

Segundo comentou a delegada territorial, a Xunta investirá durante este verán máis de 200.000 euros en melloras educativas nos concellos de Camariñas, Cee, Coristanco, Fisterra e Malpica.

 

Entre as actuacións destacan a instalación dun ascensor no CEIP Eugenio López de Cee(57.617 euros), a mellora dos faslsos teitos, a iluminación e a carpintería do CEIP de Ponte do Porto(Camariñas), a habilitación dun novo aseo e almacén no CEIP Mar de Fora(Fisterra), con 6.000 euros, e a renovación da carpintería da planta baia e a colocación du porteiro automático nos CEIP Juan Rodríguez Otero e Milladoiro, de Malpica de Bergantiños.

 

As actuacións da Xunta nos centros educativos da comarca este verán complétanse coa renovación da instalación eléctrica do CEIP Otero Pedrayo, da Laracha, por importe de 28.581 euros, e coa reparación da cuberta e da fachada do CEIP Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, cunha achega de 44.873 euros.Na visita a Cee tamén estivo presenten o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana.