Ramón Vigo insiste en que o novo goberno de Cee persigue intereses persoais.

 

O portavoz municipal de Independentes por Cee fixo unha valoración do que levamos de lexislatura no concello de Cee:

 

“O primeiro ano continuouse unha laboura de goberno e deixamos unha serie de proxectos iniciados e o segundo ano ven marcado pola parálise de realización de obras publicas e o recurtes ou despidos de personal” sinalou Ramón Vigo.

 

Para o exalcalde, cada vez queda máis claro que a moción de censura promovida contra o seu goberno seguiu “intereses exclusivamente personais” que perseguían “buscar unha saída para a alcaldesa (Zaira Rodríguez)e o concelleiro do BNG e agora non adscrito(Daniel Oca)”

 

No programa “Na Encrucillada” de Radio Obradoiro, o secretario xeral de IxCee comentou que “neste último ano o concello está máis endebedado” e que na actualidade a xestión do goberno “é máis publicitaria que efectiva”. Para Ramón Vigo Sambade “no concello de Cee reflíctese a crise máis que noutros concellos”.

 

 

ESCOITA NA ENCRUCILLADA-RADIO OBRADOIRO

 

 DESDE AS 12,05 NO 107.5 FM ou on line  http://www.ustream.tv/channel/radio-xallas

 OU a calquera hora do día nos audios aloxados en www.ivoox.com e colgados no Facebook ou no Twitter de Radio Xallas @aencrucillada