Ramón Vigo denuncia deixadez e abandono por parte do goberno as necesidades máis básicas.

 

O secretario xeral de Independentes por Cee denunciou desde os micrófonos de Radio Obradoiro(107.5 FM)  a situación que deixadez e abandono que, desde o seu punto de vista hai no goberno municipal.

 

Ramón Vigo critica que o bipartito presidido pola popular Zaira Rodríguez ata se esquence de atender cuestión primordiais:

 

“As cousas máis básicas se están desbaratando, rómpese un xogo nun parque infantil e tardan seis meses en arranxalo, os xardíns non están atendidos coma antes, as rúas non están limpas e nas aldeas non hai limpeza de cunetas e camiños…  e as praias dan asco. Esta é a realidade do concello”

 

Para Vigo Sambade a situación é caótica e asegura que , neste caso, non serve a excusa da crise porque“incluso nos concellos predemocráticos mantiñan nas mellores condicións estéticas e hixiénicas os pobos, e aqui nin sequera iso se está a facer”.

 

Ramón Vigo pensa que os Independentes volverán a gobernar

 

 

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Obradoiro(107.5 FM) para a bisbarra, Vigo está convencido de que “a meirande parte da xente considera que foi o goberno máis nefasto que tivo Cee” xa que non “se ve un proxecto de goberno nin unha idea de pobo”

 

Vigo Sambade reiterou a súa intención de volver a presentarse as eleccións e que nestas o pobo “vai a falar alto e claro”. Segundo o líder de IxCEE a veciñanza pensa que “non hai alternativa e que o goberno é malo a e que temos que volver para continuar coa nosa laboura”.

 

PODES ESCOITALA ENTREVISTA DE Xosé Manuel Lema a Ramón Vigo neste enlace 

 

 http://www.ivoox.com/na-encrucillada-3-setembro-2013-audios-mp3_rf_2327888_1.html

 

 A entrevista pode escoitarse a partires do minuto 25 aproximadamente-

 

 

EN TWITTER @anosacosta  @aencrucillada