Debate no Parlamento. A oposición pedía que se renunciara a este proxecto.

 

O proxecto mineiro de Corcoesto volveu outra vez o Parlamento de Galicia, onde as distintas forzas políticas volveron a ratificarse no seu posicionamento. O Partido Popular mantén o seu apoio a esta iniciativa e coa maioría absoluta dos seus votos rexeitou a petición formulada polo Partido Socialista, apoiada por AGE e BNG.

 

Os socialistas alegaron riscos para a saúde humana e para o medio ambiente. A deputada Patricia Vilán, referiuse aos niveis de arsénico no río Anllóns con datos da Universidade de Santiago de Compostela. Uns argumentos semellantes foron os que defendeu desde o BNG, Ana Pontón que definiu o proxecto de Edgewater como “un auténtico despropósito”. Pola Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez denunciou que o único negocio aquí é para uha empresa de Canadá.

 

Desde o Partido Popular, Aurelio Núñez Centeno replicou cun informe que non relaciona a presenza de arsénico no río Anllóns coas antigas explotacións mineiras. Engadiu que na actualidade hai melloras técnicas e rexeitou anular a declaración de impacto ambiental porque o que se fixo é correcto. Insistiu en que a mina de Corcoesto pode ser beneficioso para a comarca  e que o “clima de alarma social e tensión xerada como resultado das expectativas da posta en marcha da mina de ouro non se corresponde coa realidade vista dende unha óptica científica”.

 

A socialista Patricia Vilán plantexou que en Asturias, o goberno puxo como condición para daz luz verde a unha mina que non fora a ceo aberto e que non se usara cianuro.