“Imos traballar xuntos e non daremos un paso atrás”

Por o 14 abril, 2014

Xan García, portavoz da Plataforma da Costa da Morte.

Os colectivos empresariais da zona decidiron reactiva-la Plataforma da Costa da Morte de cara a canalizar distintas demandas que lle preocupan. O voceiro desta entidade é o actual secretario de Neria, Xan García Pouso.

“Hai un sector empresarial que ten ganas de facer cousas e iremos facendo propostas para que as administracions nos vaian tendo en conta” apunto García, advertindo que non darán “nin un paso atrás” despois de aunar esforzos e “superar vellos enfrontamentos que a nada conducen“.En declaracións ao programa “Na Encrucillada”, Xan García apostou “por traballar xuntos”, iso sí, “non queremos patacas nin mazás podridas”, precisou.

“Unha vez mais vanse a equivocar os partidos políticos”

“A inmensa maioría dos partidos politícos non lles interesa unha sociedade civil forte” afirmou García Pouso. “Xa houbo quen me dixo que a plataforma reactívase cando chegan as eleccións, pero non foi así” indicou.

Pensa que os intereses da clase política non poderán frear o traballo da plataforma:“Os partidos intentarán utilizar a  plataforma o seu favor ou intentarán desfacernos e mandar mensaxes envelenados pero os empresarios deste territorio teñen xa a suficiente madurez para non deixarse contaminar”.

Unha das primeiras “loitas” é a oposición ós novos proxectos xudiciais do goberno Rajoy. Xan García califica “de impresentable o que se pretende facer que é cargarse os partidos xudiciais, algo que vai en contra da fixación de poboación nas zonas rurais”.

Considera un motivo suficiente para que se poida valorar algún tipo de mobilización.

 Escoita a entrevista con Xan García

http://www.ivoox.com/na-encrucillada-14-iv-2014-audios-mp3_rf_3024294_1.html

Pode escoitarse desde o minuto 20 deste audio 

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login