O barco Huseyn Javid, transporta produtos químicos e está fondeado preto da costa de Fisterra, acompañado polo buque de Salvamento Marítimo “Don Inda”, que o escoltou ata esta zona de refuxio, cando se detectaron problemas na súa maquinaria a altura de Cabo Touriñán.

 

Procede de Turquía e leva un cargamento de parafina ao peirao holandés de Amsterdam. A súa dotación consta de dezaseis mariñeiros. Agarda reiniciar a súa singladura cando repare a avaría. A partires das seis do serán está prevista a alerta vermella por mar combinada de 8 metros no noroeste e oeste do litoral coruñés.

 

Foto-Facebook- David Trillo Gallego