O BNG demanda investimentos para a Costa da Morte

Por o 5 enero, 2017

O BNG propón investimentos superiores ós nove millóns de euros.

 

O deputado autonómico Xosé Luís Rivas “Mini” e o responsable comarcal do BNG, Serxio Domínguez Louro presentaron as enmendas ó orzamento da Xunta no que atinxe á Costa da Morte.

 

Son en total catorce enmendas para combater o esquecemento da comarca por parte do Partido Popular. ”O goberno de Feijoo non ten un proxecto claro de investimentos para a Costa da Morte” sinalan desde o BNG.

Pensan que o “esquecemento reiterado” está provocando “unha perda de poboación importantísima” e consideran necesario “apostar con claridade pola nosa bisbarra, cun plan de choque para a creación de postos de traballo que revertan a situación, un afortalamento dos sectores primarios, sempre en decadencia, e unha aposta pola industrialización da zona”.

Reclaman o remate da autovía da Costa da Morte ata Cee e a baixada dos prezos dos polígonos industriais de Cee e Vimianzo. Así comoun estudo técnico para a defensa da non segregación das centrais hidroeléctricas do río Xallas da produción de ferroaleaxes e un plan industrial asociado.

As emendas son as seguintes:

Fisterra:

– Posta en marcha do Plan Director do Monte do Cabo: 500.000 euros.

  • Restauración e Conservación da fachada da Capela do Bo suceso e restauración do Retablo da Igrexa de Santa María das Areas: 200.000 euros.
  • Novo Centro Saúde: 1.000.000 euros.

  • Reapertura do centro de expedición de mariscos lonxa e promoción dos produtos da lonxa de Fisterra: 150.000 euros.
  • Mellora da estación de bombeo e dos colectores da rede de saneamento de Sardiñeiro a Fisterra. Actuación a incluir dentro do capítulo económico previsto na lei de orzamentos*.
  • Dotación e acondicionamento da travesía AC-455 na recta da Anchoa*.

 

Corcubión:

  • Plan de rexeneración integral da ría: 1.000.000 euros.

  • Dotación de recursos e equipamentos centro de día: 50.000 euros.

 

Cee:

  • Dotación de materiais e equipamentos no Hospital Comarcal: 500.000 euros.

  • Dotación de recursos humanos no Hospital Comarcal: 500.000 euros.

  • Dotación de sistemas para a operatividade do heliporto de Ruibo. 600.000 euros
  • Variante de aceso ao peirao de Brens. 1.000.000 euros.

  • Construción dunha base de loita contra a contaminación mariña, e equipamento da mesma, no peirao de Brens. 500.000 euros.
  • Dotación e acondicionamento das estradas 550 (avenida Fisterra) e 552(avda. Fernando Blanco) aos seu paso por Cee*.

  • Ampliación da EDAR de CEE*.

 

Muxía:

  • Elaboración Plan Director do Cabo Touriñán: 300.000 euros.

  • Mellora da rede de saneamento no rural*

 

Camariñas:

      • Mellora da rede de saneamento no rural*

Son doce enmendas cun valor de 6,3 millóns de euros, e ademais hai enmendas, en asterisco, para incluir dentro de partidas xenéricas, cun investimento duns 3 millóns de euros.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login