Novas

Paula Rey e Carmela Corbelle entran na executiva de Compromiso

Por o 23 enero, 2017

Paula Rey e Carmela Corbelle forman parte da nova executiva nacional de Compromiso por Galicia que lidera Juan Carlos Piñeiro.

Corbelle, 1ª pola esquerda e Rey 1ª pola dereita

 

 

As dúas veciñas da Costa da Morte que aspiraban a ser elixidas no Consello Nacional de Compromiso por Galicia foron apoiadas pola militancia no Congreso celebrado o pasado sábado en Teo.

Paula Rey Gómez(Carballo) e Carmela Corbelle Casas(Cee) entran no Consello Nacional formado por 15 homes e 15 mulleres. Ademáis tamén foron escollidas polo novo secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo, e estarán presentes na comisión executiva nacional do partido galeguista.

O novo secretario xeral de Compromiso por Galicia,Juan Carlos Piñeiro reivindicou a formación galeguista coma “o facho de ilusión” dos galegos e galegas que creen no futuro do país.

Política con sentidiño

 

Despois de ser elixido, Piñeiro Docampo manifestou que “Compromiso vai facer política con sentidiño, fiscalizando a labor das administracións e propoñendo solucións para os numerosos problemas de Galicia”.

 

Foron as súas primeiras palabras como novo secretario xeral do partido, no II Congreso Nacional celebrado este sábado en Teo baixo o lema “Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións”.

Comentarios

Comentarios

Un comentario

  1. Pedro

    24 enero, 2017 at 7:48 am

    Anda, adiaron a disolución?

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.