Leiceaga insiste en que non se poden segregar as actividades. Pídelle á Xunta que explique a situación ós traballadores de Ferroatlántica e ós alcaldes da Costa da Morte.

 

 

O voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga lanzou a súa mensaxe na localidade dumbriesa do Ézaro.  Alí estivo  acompañado polos membros do Comité de empresa de Ferroatlántica e polos alcaldes de Dumbría, Fisterra, Corcubión e Camariñas.

 
“Pasou o tempo en que a Xunta, o seu presidente e o conselleiro de industria podían mirar para outro lado e facer que non pasaba nada. Hai unha comunicación formal e por tanto un coñecemento público de que o proceso está en marcha”.

 

Loli Toja pedirá explicacións no Parlamento de Galicia

 

 

Así mesmo a deputada Loli Toja informaba que o PSdeG volverá a trasladar este asunto ao Parlamento de Galicia. Será o mércores na comisión de Industria.

 

“Esixiremos dúas cousas: que se cumpra a estrita legalidade, o que implica que non se vai poder levar a cabo a segregación das actividades, e transparencia” manifestou.

 

 

O BNG baralla acudir á Fiscalía

 

 

Esta semana tamén visitaba O Ézaro a voceira nacional do BNG. Ana Pontón emprazaba ao goberno de Feijóo a velar pola legalidade. A deputada ameazaba con recorrer á Fiscalía se os populares gardaban silencio ante as novas coñecidas. Referíase a comunicación de venda feita na Bolsa de Nova Iorque.

 

Mentras, os traballadores de Ferroatlántica reanudaron as mobilización de protesta. Insisten en que a segregación de centrais non é negociable.