Novas

Os socialistas denuncian o desmantelamento do Hospital de Cee

Por o 16 Marzo, 2017

O PSdeG esixe que se pare o desmantelamento do Hospital de Cee.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Lembran que as melloras prometidas polo PP non se levaron a cabo. Loli Toja trasladará estas inquedanzas ao Parlamento de Galicia.

As deficiencias no Hospital comarcal Virxe da Xunqueira de Cee chegarán ao Parlamento de Galicia de man do Partido Socialista. Así o veñen de anunciar nunha comparecencia a deputada autonómica Loli Toja e a voceira socialista en Cee, Margot Lamela.

Os socialistas, que presentaron unha proposición de lei, constatan as deficiencias existentes no centro hospitalario e piden que se “deteña o desmantelamento encuberto do Hospital de Cee e se adopten as medidas necesarias para subsanar as deficiencias existentes no Hospital Virxen da Xunqueira de Cee”.

Lembran que fai seis meses se aprobou unha moción do PSdeG no concello na que demandaban distintas melloras, e qhe na mesma sesión a voceira do PP, Zaira Rodríguez, anunciou actuacións que non se chegaron a realizar.

Múltiples deficiencias e incumprimentos do PP

Lamentan que non se ampliou o servizo de reanimación a tempo completo, nin hai teleconsulta, nin consulta de cardioloxía, faltan especialistas en dixestivo o que provoca “un atraso preocupante” nas probas médicas.

Tamén consideran importante a renovación do “obsoleto” material de quirófano e “realizar o mantemento e a mellora de prácticas existenciais no servizo de xinecoloxía” así como a necesidade de “fomentar a autonomia do hospital para a contratacion de servizos externos”.

Os veciños e veciñas desta comarca, a diferenza doutras comarcas de Galicia, teñen que protestar, manifestarse, reivindicar de forma constante para conseguir calquera tipo de servizo, infraestructura… De aí, que levemos no noso ADN a loita” explican os socialistas.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *