Novas

O Fisterra volve a a gañar a Copa da Costa

Por o 26 Junio, 2017

A S.D. Fisterra gaña o trofeo dúas décadas despois. O gol de Cote foi decisivo.


Xosé Manuel Lema// O 8 de xuño de 1997 o capitán da S.D. Fisterra, Juan Bautista, erguía a Copa da Costa no campo do Ponteceso. Os pupilos de Juan Ramón gañaban de novo este senlleiro torneo despois dunha longa espera de 18 anos.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Era o Fisterra de Pesca, Charli, Noé, Buján, Velay o dos irmáns do Cabo. Entre César e Marco anotaran 10 dos 24 goles do equipo na competición. O segundo adestrador era Juan Jesús, hoxe presidente da entidade. Naquela final, a dobre partido, gañaran por 3 a 0 no Ara Solis e perderon por 2 a 1 en Ponteceso fronte o club que dirixía Javier Bardanca.

 

Vinte anos despois a Copa da Costa retornaba a terra do fin do mundo. A ese pobo, canteira histórica de grandes futbolistas.

 

 

Gol de Cote e traballo extraordinario do Fisterra

 

 

Nesta ocasión, un gol de Cote servía para superar ao potente Dumbría nunha final onde volveron a ser protagonistas os seareiros fisterráns empurrados polos Rapacollóns. Os de Nacho cumpriron á perfección aínda que cómpre destacar o papel desenvolvido pola defensa que foi un muro infranqueable para os rivais dumbrieses.Ver crónica.

 

Segundo a web da Federación Galega preto de 3.000 seareiros asistiron ao encontro disputado no estadio San Paio de Refoxos de Cee. Non faltaron a cita o presidente da Federación, Rafael Louzán, a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez e os alcaldes de Fisterra e Dumbría, entre outros.

 

Acta do Partido- Fisterra-1-Dumbría-0-

 

Este domingo 25 de xuño foi a xornada de Norberto, Fabi, Robertín, Breixo, Piti, Roa, Roco, Cote , Tati , Pablo Lestón, Bruno,Adrián, Rubia, Jesús, Jorge, Joselu e de todos cantos forman parte da plantilla deste equipo, que coa emoción da vitoria non se esquecía ao seu finado presidente, Desiderio Nemiña.

 

 

Fotos-Federación Galega de Fútbol

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.