Rematou o obradoiro Proturismo 2018 promovido por Santa Comba, Mazaricos e Dumbría

Por o 28 junio, 2018

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou no acto de clausura.

Un total de 20 alumnos e alumnas formáronse nos últimos nove meses na área de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e na área de promoción turística local e información ao visitante, que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 280.000 euros.

Os alumnos-traballadores recibiron formación tanto teórica como práctica. Aínda que o programa de estudos incluía a correspondente parte teórica, os participantes tiveron oportunidade de adquirir experiencia práctica no mantemento do xardíns e zonas verdes da Picota, ma Piscina, en Pino do Val, no parque infantil e na piscina descuberta de Mazaricos, no entorno da Casa Escola de Castriz en Santa Comba e no contorno da praza de Olveira e accesos a Dumbría.

 

 

A especialidade de promoción turística realizaron varias tarefas entras as que destacaron a catalogación dos recursos turísticos, a posta en funcionamento do punto de información en Santa Comba, o deseño e realización de visitas teatralizadas, promoción de eventos gastronómicos como o Bolo do Pote, deseño de material turístico, promoción turística en redes, actualización web de Santa Comba, proposta Xeocaching para Dumbría e unha das propostas máis ambiciosas, Proxecto Camiño de Formación, que consistiu na promoción da prolongación do Camiño de Santiago en Italia.

 

Camiños de formación

 

O proxecto Camiños de Formación naceu como resultado do traballo realizado no eidoturístico dentro do Obradoiro de Emprego Proturismo2017 e enmarcouse dentro das liñas de traballo do Plan estratéxico de Galicia 2015-2020.Tratouse dunha iniciativa innovadora de carácter demostrativo dentro do marco dos Obradoiros de Emprego visibilizando a importancia da innovación dentro da formación profesional para o emprego.

 

 

Os seus obxectivos principais foron:

 

• Promocionar en Italia a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía e o turismo de natureza (a promoción turística dos tres concellos é un dos puntos fundamentais do Obradoiro Proturismo 2017).

 

• Potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal e melloren a empregabilidade do alumnado.

 

• Poñer en práctica os coñecementos adquiridos no obradoiro de emprego dentro da especialidade de promoción turística local e información ao visitante.

 

Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar este taller de emprego, promovido polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría. Ao acto acudiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, a alcaldesa de Santa Comba, María José Pose e representantes dos concellos de Dumbría e Mazaricos.

O obradoiro contou cunha achega da Xunta de 280.000 euros en colaboración cos concellos. Os alumnos comezaron a formación o 29 do mes de setembro e concluíron o 28 de xuño, tras nove meses de formación teórica e práctica.

Ovidio Rodeiro comezou por felicitar aos participantes: “porque tivestes a oportunidade de traballar nove meses meses para mellorar as vosas capacidades profesionais, a vosa empregabilidade, en definitiva, o voso futuro”.

 

Tamén tivo unha mención especial para os dous alcaldes “porque conseguides levar a cabo este proxecto, unha formación de calidade para o emprego que non sería posible sen a colaboración entre as administracións públicas. Todos temos moi claro que ninguén coñece mellor que os concellos as demandas e necesidades dos cidadáns e cidadás”.

 

Fonte Xunta de Galicia

 

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login