Pablo Álvarez Caamaño é o novo responsable comarcal de Galiza Nova na Costa da Morte. Substitúe a Antía Insua. Noela Rial é a nova vicerresponsable e Tomás Facal está a fronte da área de organización. O vindeiro 11 de outubro teñen previsto facer unha festa de presentación en Cee.

Pelexar por un futuro na nosa terra

“Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, masi sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa terra” declarou Pablo Álvarez.