Cee. A Coruña O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitará as instalacións da empresa Vevey Vidrio e informará das axudas do programa Leader para a dinamización do rural na comarca de Bergantiños-Costa da Morte. 26/02/2019 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, destacou en Cee o compromiso da Xunta de Galicia con este concello, no que investiu máis de 1,9 millóns de euros a través dos distintos programas, axudas e actuacións que se executaron no ano 2018.

Rodeiro fixo esta afirmación nunha visita as instalacións do Grupo Vevey Vidrio neste concello que recibiu unha subvención Leader, a través dos GDR, de 122.000 euros que permitiu mobilizar 382.000 euros. Na mesma estivo acompañado polo candidato a alcaldía de Cee Antonio Domínguez e pola concelleira Yolanda García Leal.

Cee. A Coruña O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitará as instalacións da empresa Vevey Vidrio e informará das axudas do programa Leader para a dinamización do rural na comarca de Bergantiños-Costa da Morte. 26/02/2019 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Axudas da Pac e Plan Leader

O representante do Goberno Autonómico tamén se referiu ao importante esforzo inversor da Consellería de Medio Rural no concello de Cee que ascendeu a 380.000 euros que permitiron chegar a 65 beneficiarios dos distintos plans de axuda como a PAC, o Leader ou axudas para accións silvícolas. Ademais destináronse máis de 42.000 euros ao Plan de Mellora de Camiños Municipais.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén realizou un maior esforzo inversor neste municipio no 2018, chegando a un investimento total de máis de 390.000 euros nos distintos programas de formación e fomento do emprego.

Fondo de Cooperación Local

Outra das partidas importantes que recibiu este concello foi o Fondo de Cooperación Local que supera os 320.000 euros. Este fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén destinou 36.000 euros a través do seu programa de apoio aos CIM.

Igualmente Ovidio Rodeiro resaltou o apoio ás políticas sociais coas achegas de axuda a domicilio e de RISGA de máis de 273.000 euros que beneficiaron a 54 usuarios.

Por último, fixo referencia ao apoio da Consellería do Mar para plans a confrarías e particulares a través do Fondo Europeo Marítimo que deixaron neste concello máis de 212.000 euros.