Os alcaldes dos concellos de Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión,Muxía, Carnota, Zas, Vimianzo e Camariñas mantiveron unha xuntanza en Cee para tratar sobre Ferroatlántica.

COMUNICADO DOS ALCALDES

A Xunta de Galicia impuxo e Ferroatlántica aceptou un control sobre as concesións das centrais Hidroeléctricas do Xallas e, polo tanto, a propia Xunta de Galicia ten a obriga de exercer dito control.

Augas de Galicia ten que pronunciarse sobre seo negocio xurídico que pretende realizar Ferroatlántica está suxeito á autorización previa do referido organismo.

A Xunta de Galicia ten que garantir o cumprimento da condición esencial consistente na non segregación da actividade de produción das ferroaliaxes da produción de enerxía eléctrica das centrais.

E para o cumprimento desa condición a Xunta de Galicia ten que esixir á empresa a presentación dun plan de viabilidade como necesidade para concretar o compromiso da non segregación.

Non se entende que Feijoo esixa para Alcoa un plan de viabilidade e non o esixa para Ferroatlántica – sendo a súa competencia – máxime cando a actividade produtiva das ferroaliaxes se encontran ligadas a unha concesión pública. Non se entende que o Presidente da Xunta se reúna cos representantes do fondo comprador de Alcoa e co comité da antiga Alcoa, ofrecendo cursos, formación e inversións, e con relación ós traballadores de Ferroatlántica “nin se lle ve nin se lle espera”.

Feijoo non pode obviar que a empresa de Ferroatlántica, que ten a concesión para explotar os nosos recursos naturais, benefíciase de concesións públicas supeditadas ó mantemento e creación de postos de traballo. É competencia do Presidente da Xunta de Galicia asegurala actividade produtiva das ferroaliaxes das fábricas de Cee e Dumbría. Feijoo non pode pasar a responsabilidade do futuro de Ferroatlántica ós seus traballadores