A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, celebrou o Día Mundial do Hábitat, cun grupo de alumnos do IES Fin do Camiño de Fisterra. Acompañada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e por representantes do concello de Fisterra apelou á sensibilización e á concienciación da sociedade ante a pegada ecolóxica e as actividades humanas que fragmentan os hábitats naturais.

Vázquez Mejuto salientou que a posta en marcha de iniciativas como a microrreserva da Praia Mar de Fóra, que impulsaron os alumnos deste centro educativo, son unha mostra do camiño a avanzar para evitar o detrimento da biodiversidade.

Alyssum gallaecicum

Os alumnos conseguiron reintroducir unha especie vexetal considerada vulnerable no Catálogo Galego de Especies Amezadas, a Alyssum gallaecicum, ). Trátase dunha especie que desaparecera desta zona, polo que un grupo de alumnos recolleu sementes na Praia de Langosteira e xermináronas no laboratorio para despois reintroducilas na microrreserva da praia.