En Santa Comba, Mazaricos e Fisterra

E en toda a comarca seguen xurdindo iniciativas para tentar facer máis levadeiros estes días.

En Santa Comba puxeron en marcha un concurso de vídeos. Piden aos veciños que envíen os seus vídeos onde se amosen actividades diarias dos rapaces coas súas familias nas casas.

Os vídeos, de menos de dous minutos, compartíranse nas redes sociais etiquetando aos medios oficiais do concello e usando o cancelo #SantaCombaQuedaNaCasa.

Gañarán os que teñan máis “gústame”. O concurso prolongarase ata o 29 de marzo. Haberá dous premios. Um lote de libros en galego e un lote de material deportivo variado.

Iniciativa de Santiago Insua en Fisterra

E falando de libros. Un veciño de Fisterra e concelleiro na corporación, Santiago Insua, lanzou unha interesante iniciativa nas redes. Ofrece os libros que ten na súa biblioteca particular a quen queira ler.

Insua propón buscar un punto de encontro nunha Farmacia ou nun supermercado e entregará os libros en préstamos sen problema.

#CulturaNaCorentena

En en Mazaricos, o concello lanzou #CulturaNaCorentena. Pretende partillar vídeos de artistas de Mazaricos para amenizar estes días de estado de alarma.


A primeira protagonista é a cantante Tania Fuegho, que interpreta un fragmento dunha canción e manda un saúdo a través das redes sociais deste concello.