O alcalde de Muxía, Iago Toba, non lle ten medo a unha posible moción de censura. Considera que hai unha importante presión social no pobo para evitar que se consume.

Nunha entrevista á canle de Youtube Adiante TV, engadiu que “hai que ter a valentía de facer unha moción de censura e tamén uns argumentos creíbles”.

Deixar a alcaldía con honra antes de que o manipulen

De todos os xeitos dixo que tampouco lle preocupaba:”Prefiro perder a alcaldía con honra a deixar que me manipulen por intereses escuros”.

Retou ao PP e aos non adscritos a presentar a moción de censura. Mentres afirma estar traballando a tope e con máis ilusión arroupado polos seus concelleiros Olalla Benlloch e Javier Romar, e anunciou que en poucos meses vanse a investir 2,5 millóns de euros en obras no concello de Muxía.