O Director provincial de SEPE visita as futuras dependencias do servizo de emprego de Cee.

 

 

 

O Director provincial do servizo público de emprego estatal(SEPE), Miguel Planas, inspeccionou o edificio da antiga Casa do Concello no que se albergarán as novas oficinas do Servizo Público de Emprego en Cee. Estivo acompañado polo alcalde Ramón Vigo Sambade.

 

Desde o concello aseguran que “con este traslado, preténdese revitalizar o Casco Antigo de Cee e dotar ao servizo de emprego de máis e mellor espazo para o desenvolvemento das súas actividades”.