Proposta nacionalista para que se presenten as contas no vindeiro pleno.

 

O Bloque Nacionalista Galego de Cee solicita ao alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade a rendición das contas da última edición das Festas da Xunqueira.

 

O portavoz nacionalista Serxio Domínguez quere que Vigo explique as contas no vindeiro pleno e sinala que “compre non demorar a presentación de gastos e ingresos das últimas festas para non repetir episodios como os dos anos 15 e 16 nos que se acumularon débedas por valor de 60 mil euros”.

 

Desde o BNG entenden que «aínda que esta débeda se lle imputa a comisión de festas de todos e sabido da implicación do alcalde na contratación dos eventos, até o punto de ser él quen contrataba os espectáculos e decidía sobre os mesmos».