Este sábado na Casa da Cultura de Cee.

 

A Xunta Local de Cee da Asociación Española Contra o Cancro fará a súa presentación este sábado 2 de decembro nun acto que se desenvolverá no auditorio Baldomero Cores, na Casa da Cultura de Cee, a partir das 20:00h. Esta xunta representará á entidade nos concellos de Cee, Corcubión e Dumbría.

 

O acto ten carácter aberto a tódalas persoas que desexen acudir. No mesmo o doutor Guillermo Debén ofrecerá unha charla titulada «la hematología y el cáncer».