Axudas para o casco histórico de Corcubión

Por o 14 agosto, 2017

O concello recibe 110.000 euros para distintas actuacións.

concellocorcubion

 

A rehabilitación e urbanización do mellor centro histórico conservado na zona terá axudas da Xunta de Galicia. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro anunciou que o concello de Corcubión vai recibir unha “de máis de 110.000 euros destinada a diferentes actuacións de rehabilitación e urbanización do casco histórico da vila”.

 

A mellora enmárcase dentro do programa de Áreas de Rehabilitación Integral, cofinanciado polo Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia. Unha vez comunicada a información aos concellos, estes teñen un prazo de dez días para presentar a documentación correspondente, que inclúe a detalle das actuacións que van a realizar.

 

Ovidio Rodeiro destacou “a a forte aposta da Xunta de Galicia pola recuperación de zonas en avanzado deterioro. Estas achegas son un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa rehabilitación dos cascos históricos e das zonas onde se require a actuación inmediata das administracións”.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login