Mazaricos, Zas, Vimianzo e Dumbría, entre os concellos beneficiados

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as actuacións de mellora do firme en catro estradas autonómicas da provincia da Coruña, por un investimento de máis de 800.000 euros.
O contrato foi adxudicado á empresa Construcciones Ponciano Nieto e os traballos terán un prazo de execución duns catro meses.

Esta actuación ten por obxecto a mellora das condicións de circulación nas estradas de titularidade autonómica AC-400, AC-432, AC-440 e AC-441, ao seu paso polos concellos de Mazaricos, Outes, Muros, Carnota, Zas, Vimianzo, Dumbría e A Baña.

O proxecto contempla a rehabilitación do firme naqueles treitos das estradas que presenten carencias co obxectivo de prolongar a vida útil do pavimento. Os traballos prevén tamén a limpeza e reperfilado de noiros e a drenaxe nos tramos que o precisen.

O departamento de Infraestruturas da Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións para incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.


Fonte-Xunta