O bipartito PSOE – BNG vota a favor duns presupostos de 3.487.797 euros tanto en ingresos como en gastos.

Sen votos en contra e con pouco debate aprobáronse as contas do concello de Fisterra para este ano 2017, que ascenden a 3.487.797 euros e aínda que rexistran un pequeño aumento manteñene unha liña continuista, tal e como coincidiron o goberno e a oposición.

O alcalde José Marcote expresou a súa vontade de que os vindeiros orzamentos se aproben antes e tamén poder estudar ofertas para poder reducir o gasto eléctrico e dar luz verde a unha RPT que se está rematando.

O documento económico recolle 576.000 euros para investimentos reais, se ben como puxo de manifesto o PP, posiblemente haxa unha actuación que non se poida desenvolver.Tamén se destinan 124.508 euros para a amortización de débeda bancaria, xa que o concello optou polo Plan de Aforro da Deputación, o que lle permite aforrar intereses dos préstamos.

PSOE e BNG votaron a favor do orzamento mentres que o Partido Popular e Converxencia Galega abstivéronse. José Manuel Traba(PP) e Xan García Pouso(CG) criticaron a tardanza na aprobación das contas. Para Traba o orzamento “é unha fotocopia” dos anteriores. Xan García dixo que chegaban “tarde, mal e arrastro”.