«Entre a onda e a rocha» estréase no festival Cineeuropa.

 

Cando se acaban de cumprir 15 da marea negra do Prestige, Muxía volve a ser protagonista. Neste caso do documental de Manuel Lógar «Entre a onda e a rocha» que se estrea o vindeiro venres no festival Cineuropa( Sala Numax 17,30h), e que conta a vida dos percebeiros desta localidade na tempada do Nadal.

 

Neste documental participan varios veciños do pobo xunto con outros actores:María Carrera, Félix Vilela, Ramón Vilela, Ángel Lema, Toñico Haz, Pi, Pablo Fernández, Mª del Mar Campos, Moncho Vilela, Engracia López, Benito Nogales e Natxo Castro forman o elenco. O propio director destaca que o filme «a partir da vida dun grupo de percebeiros de Muxía, reflexionase sobre o home e o mar, o home e o seu entorno. Un filme coral, que retrata a nosa Costa da Morte 13 outonos despois do Prestige, mostrando un rural galego tan preto coma lonxe da sociedade actual, globalizada e individualista».

 

Anosacosta convídate a ver o trailer deste documental que que será ofrecido o vindeiro domingo nun pase gratuíto aos veciños de Muxía no propio pobo, cun coloquio posterior.