Image

Luis Roget e Fidel Roget, presidente e secretario de ASEMVI, respectivamente, presentaron o programa da I Feira Multisectorial que se vai a celebrar en Vimianzo entre os días 27 e 29 de xullo, e que pretende ser un evento multitudinario que achegue a capital de Soneira a milleiros de persoas. A Feira conta cun orzamento de 32.000 euros e reunirá a diferentes sectores, representados en 60 empresas que ocuparán os 80 stands que a organización vai a habilitar. Aparte disto non faltarán diversas actividades e incluso degustacións gastronómicas e exposicións en vivo de productos. O macroescaparate empresarial ubicarase no pavillón polideportivo municipal e nunha zona anexa, ocupando unha superficie de 7.000 metros cadrados. A I Feira Multisectorial de Vimianzo é unha das grandes actividades para este verán.