“Imos a contarlle ós nosos veciños porque Vimianzo merece a ITV”

Como ya nos retrasamos con respecto a los demas medios, en el pp de vimianzo pon esta y no publiques la otra.

 A Presidenta do PP de Vimianzo solicitou unha entrevista o conselleiro de Industria.

A portavoz do Partido Popular en Vimianzo solicitou esta mañán unha entrevista có conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, para demandarlle a instalación dun centro permanente da ITV, e para poder demostrarlle con datos exhaustivos que en base a criterios obxetivos, Vimianzo é o lugar axeitado para acoller este servizo.

No escrito remitido o sr. Conselleiro, Borbujo pide que “se reflexione sobre a oferta de Vimianzo”, e agarda que non haxa motivos políticos que forzen que a capital de Soneira “siga perdendo servizos”. A portavoz popular quere insistir en que o seu grupo municipal vai a continuar “defendendo os intereses dos veciños de Vimianzo. O noso proxecto político é traballar polo progreso do concello, e imos a esforzarnos por reafirmarnos como cabeceira comarcal”.

“Campaña explicativa taller por taller”

Neste sentido, Carmen Borbujo encabezará un grupo de representantes do PP local que desde mañán martes realizarán unha campaña explicativa polos talleres, comercios e servizos relacionados co sector da automoción. “Imos a explicarlles a nosa proposta, aportarlle datos e dicirlles que o proxecto político do PP é traballar por Vimianzo.”. Os populares van a seguir reivindicando a instalación dun centro permanente da ITV, e logo desta campaña explicativa están barallando outra serie de medidas para “que a Xunta de Galicia reflexione sobre esta decisión e non se deixen levar por tentacións políticas, porque esta mellora é necesaria para a comarca e por xustiza lle corresponde a Vimianzo”.

Borbujo comenzará o seu periplo este martes na propia capital municipal de Vimianzo para percorrer de seguido as distintas parroquias. Mentres evolucionen as visitas ó sector da automoción, a portavoz popular seguirá contactando con outros sectores “Porque isto aféctanos a todos”. Tamén insisten en que “agardamos que as demáis forzas políticas nos apoien firmemente, porque non están apoiando o PP, estarán a poiando ó seu pobo”.