O Grupo municipal do Partido Popular en Vimianzo vai a presentar, o vindeiro luns, unha moción no rexistro municipal, para que no vindeiro pleno ordinario do mes de setembro, a corporación local aprobe a proposta de solicitar ante a Xunta de Galicia, que dote a  Vimianzo dun Centro Permanente da Inspección Técnica de Vehículos.

Desde esta formación considérase que a Costa da Morte necesita deste servizo, e en base a criterios obxetivos, o Partido Popular opina que se debería de ubicar no concello de Vimianzo.O concello vimiancés é a capital da Terra de Soneira e reúne as melloras condicións extratéxicas e xeográficas da Costa da Morte.

Segundo os populares, Vimianzo lidera o parque móvil da bisbarra, e conta con datos sociais e económicos ó seu favor. Por este motivo, Carmen Borbujo defenderá a moción no pleno para que o concello pida esta mellora. “Creemos que Vimianzo é o sitio ideal para acoller a I.T.V.; e queremos que a Xunta de Galicia tome unha decisión en base a datos obxetivos, e que a capital comarcal non quede outra vez olvidada”; manifesta Borbujo Martínez.

A portavoz popular, Carmen Borbujo Martínez solicitará o apoio dos demáis grupos a súa moción, porque considera “Que ó marxe dos principios políticos de cadaquén, aquí o que interesa é o progreso de Vimianzo”. Tamén pedirá tanto ó PSOE coma ó BNG, que non permitan a posibilidade de que a Xunta de Galicia, gobernada por estes dous partidos, cometa o erro histórico de negar a este concello, dun servizo que lle corresponde, e que caia na tentación de ubicar o Centro Permanente da Inspección Técnica de Vehículos noutra localidade.

Na moción que será presentada o luns por Carmen Borbujo; propoñerase que o concello de Vimianzo oferte os terreos necesarios para que a empresa concesionaria da ITV se instale en Vimianzo, e emprazará o goberno local a poñerse máns a obra nesta reivindicación. Cómpre destacar que a empresa adxudicataria, xa presta ocasionalmente  este servizo, coa súa unidade móvil, na capital soneirana, o que desde o Partido Popular se considera como outra razón de peso, para que  os grupos políticos, e Xunta de Galicia respalden a demanda.