O alcalde de Vimianzo anunciou que o grupo municipal socialista apoiará a moción do Partido Popular para solicitar que este concello acolla un centro permanente da Inspección Técnica de Vehículos, porque considera razonable e positiva a proposta de Carmen Borbujo.

Imagen activa

"Eu vou a apoiar a moción do PP porque en Vimianzo lévase xa doce anos pasando a ITV,temos máis parque móbil que Baio e Zas, e somos o centro xeográfico  e cabeceira da comarca". Rodríguez Lema confía en que o BNG local apoie esta moción, pedíndolles que sexan "valientes". Alejandro Rodríguez afirmou que "O conselleiro de Industria, como é deles se cadra leva isto para outro sitio, pero eu non creo que as cousas se fagan así", e lanzou unha advertencia ós nacionalistas de Vimianzo: "Se queren ser un goberno e queren ter algo de futuro en Vimianzo, que o teñen moi escuro, pois deben de tirar algo polo concello". O rexedor asegurou que está disposto a ofertar terreos para acoller o centro permanente da ITV.