"O chalé no que a conselleira de Política Territorial, María José Caride, veraneou en Camariñas a finais do pasado mes de agosto é absolutamente ilegal e está situado nunha zona incluída no ámbito de protección da Rede Natura", así se despacha o Partido Popular no seu último comunicado de prensa, desde un grupo parlamentario que volve a fixarse na costa de Camariñas. 

Image

 O PP anunciou que esixirá explicacións a María José Caride, por entender que non é de recibo que a conselleira con competencias en materia de urbanismo e que promulgou a Lei do Litoral, que prohibe edificar en calquera punto situado a menos de 500 metros da costa, teña utilizado unha casa ilegal como lugar de descanso.O referido chalé ilegal está situado no lugar de Reira, moi preto de faro. Camariñas, gobernado polo PSOE, é  un dos concellos con maior indisciplina urbanística de Galicia.

Recentemente, xa saíu á luz que a piscina da casa na que veraneou a conselleira foi enchida co camión de bombeiros de Camariñas.Esta vez os populares volven a cargar contra Caride, pero centrándose na situación e nas características da vivenda.