A portavoz socialista e concelleira de cultura de Vimianzo, Nieves Lema Vilariño participou hoxe en Protagonistas-Noroeste, para valorar a xuntanza mantida coa Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Neste espazo falou ademáis a popular, Carmen Borbujo.

Tamén foi convidado o voceiro nacionalista, Manuel Antelo Pazos, que finalmente non poido participar na emisión radiofónica, polas "ocupacións" que tiña nese momento.Nieves Lema  fixo unha valoración "positiva porque nos presupostos do 2.008 xa hai unha cantidade reflexada. aínda que eu pediría que no 2.009 xa sexa en realidade ese parque cos seus centros de interpretación, e Vimianzo poida sexa o centro desa rede". Lema Vilariño  espera que "vexamos as primeiras adquisicións e que se valore que Vimianzo é un sitio extratéxico". Pola súa banda, a voceira do Partido Popular, Carmen Borbujo fixo unha doble lectura con aspectos positivos e outros negativos. Borbujo valorou positivamente que a Consellería de Cultura queira destinar unha partida económica próximamente e que tamén se decidan a actuar no Castro das Barreiras. Pero a voceira popular afirmou sair "defraudada" co feito de que a Xunta de Galicia renunciase o proxecto dun gran Parque de Megalitismo e que a sede deste estivera en Vimianzo. Tamén lamentou que non houbera datos sobre o investimento concreto e as actuacións a realizar