Varios pais e nais de alumnos do colexio de Zas, puxéronse en contacto con esta redacción para denunciar o que consideran como unha preocupante "inseguridade" que existe no centro educativo, xa que segundo estas denuncias, non se leva a cabo un control axeitado dos nenos e "están mixturados os de tres anos cós de dazaseis", segundo o testemuño de varias nais que ademáis critican a ausencia de servicios hixiénicos no patio o que provoca moitas molestias a poboación infantil."Os nenos do comedor cando acaban de xantar saen para o patio e non poden utilizar os baños da escola, e como no patio non hai servizos, os rapaces pásanno realmente mal". Estes testemuños tamén se amosan críticos coa actitude dalgúns profesores. Estudian medidas de protesta. Parece ser que o problema podería ser tratado nunha xuntanza da ANPA. Ademáis lembran as deficiencias existentes neste colexio.