Image

Alberto Nuñez Feijoo

 

O Presidente do PPdG  participou nun acto multitudinario en Vimianzo que serviu para a inauguración da nova sede local do partido, e para manter unha xuntanza con cargos da comarca. A sede quedouse pequena para acoller o amplo número de persoas que se deron cita no lugar da Gándara. Moita afluencia de xente e moita representación do partido. Xunto a Núñez Feijóo estaba o secretario xeral, Alfonso Rueda, o voceiro parlamentario autonómico, Manuel Ruiz Rivas, o presidente provincial, Juan Juncal, o voceiro na Deputación, Adolfo Gacio, o deputado nacional, Antonio Erias, e o autonómico, Alberto Sueiro.

Non faltaron os deputados provinciais, alcaldes coma o de Fisterra, e portavocews e concelleiros no partido xudicial de Corcubión.Na tribuna de oradores, Rueda, Juncal, Borbujo e Núñez Feijóo.Alfonso Rueda felicitou os populares vimianceses  polas novas instalacións porque “esta sede é un sitio de referencia por xente que se preocupa por Vimianzo”. Pola súa parte Juan Juncal destacou que esta apertura sirve para continuar “con la buena trayectoria política que Carmen y el partido están realizando en este municipio.

A líder local, Carmen Borbujo Martínez agradeceu a presencia de tantos cargos do partido e de tantos veciños, para ela un signo inequívoco de que “El PP está con la Costa da Morte”. Tamén ratificou a súa liña de “trabajar para favorecer a los vecinos y conseguir sacar nuestros proyectos adelante”. Na súa calidade de deputada provincial ofreceuse para “trabajar todos en conjunto y unidos para la Costa da Morte. Esta sede está a vuestra disposición”. Borbujo manifestou que a nova sede popular “tiene las puertas abiertas para Vimianzo y para toda la comarca”.O Presidente do PPdG, destacou o traballo de Borbujo, e lembrou que foi a única que ascendeu en apoio electoral nas pasadas eleccións “subindo un 8% e uns seiscentos votos”, e augurou que acabará sendo a alcaldesa do concello, en base a laboura que está desenvolvendo.

Alberto Núñez Feijóo censurou o “escaso compromiso inversor da Xunta na Costa da Morte”, e sinalou que os orzamentos do 2008 recollen investimentos xa anunciados polo bipartito nos ornamentos do ano 2007, e que non se chegaron a executar. Núñez Feijoó sinalou que os orzamentros non recollen ningunha obra nova, e lamentou que  a Vía de Alta Capacidade que enlazará Carballo con Fisterra non reciba toda a financiación que precisa para o cumprimento dos prazos. Feijóo lamentou o “retraso obxectivo” que sufren todas as infraestructuras viarias da Costa da Morte, e lembrou que o bipartito presidido por Emilio Pérez Touriño non só non cumpriu a súa promesa de eliminar a peaxe da autovía de Carballo, senon que nos últimos dous anos a peaxe foi incrementada de forma sensible. “Dazaseis anos na oposición pedindo a supresión da peaxe e dazaseis meses no goberno dicindo o contrario”, afirmou o presidente dos populares na xuntanza de Vimianzo, lembrando o engano cometido polos socialistas con “anuncios que non se poden cumplir”.