Image

O Partido Popular de Vimianzo está levando a cabo a distribución de 6.000 boletíns informativos para explicar a súa postura en tres temas de actualidade: a nova ordenanza de impostos, os orzamentos do 2.008 e a petición popular dun Centro Permanente da I.T.V. Na primeira páxina e baixo o título de "A Coherencia de Carmen Borbujo. O P.P. aposta por Vimianzo", ofrécense varios párrafos textuais da xunta de portavoces celebrada o pasado oito de novembro e onde quedan reflexadas diferentes intervencións:
 

“ … A Sra. Borbujo Martínez manifesta que non están dacordo co incremento das taxas aínda que entende que son necesarias, por tanto senón se consensúa entre os 3 grupos políticos non van a votar para apoiar estas modificacións…"
 
"… O Sr. Antelo Pazos está disposto a falar para cambiar moitas cousas pero sempre cunhas condicións para chegar a unha maioría acordada co seu grupo político…” .
 
Os populares defenden a súa actitude de votar en contra dos impostos, e califican o portavoz do Bloque coma "o gran derrotado e perdedor das pasadas eleccións". O PP anuncia nas seguinte páxina, que vai a presentar varias alegacións contra a nova ordenanza aprobada polo PSOE, e ofrece a súa propia proposta que rexistrá unha baixa dun 15% con respecto a ordenanaza aprobada. Creen que o Bloque só quere desvia-la atención mentras busca un pacto de goberno có PSOE, e lanzan un dardo:
 

¿ Que se esconde detrás do PSOE (Nieves Lema) e do Sr. Antelo Pazos(BNG),  cando fan os comentarios tan curiosos na Xunta de portavoces, e cando non quixeron apoiar a suspensión do pleno, proposta por Carmen Borbujo?.

 

¿Non será que queren desviar a atención coa súa actitude e falar doutros pactos, cando o que realmente buscan é o PACTO DE MAQUIAVELOS?.
 
Neste boletín a formación que lidera, Carmen Borbujo Martínez,  anuncia a súa abstención de cara o debate orzamentario do vindeiro sábado. Os populares perciben avances no documento, e valoran que se etenderan as propostas de obras do seu grupo. Insisten en que non están dacordo coa subida de impostos, pero que tampouco queren frena-lo concello. Por último, os populares fan un resumo das súas inicitivas de demanda dun Centro Permanente da ITV para Vimianzo, e critican a actitude do portavoz nacionalisa, Manolo Antelo, "que non move un dedo para evitar que perdamos un servizo tan importante".  Carmen Borbujo criticou a actitude negativista do BNG nos asuntos importantes, nos que se necesita unha visión constructiva