A Praza do concello de Vimianzo acolleu unha manifestación na que participaron un cento de veciños en contra da subida de impostos proposta polo executivo local socialista. O lema utilizado foi "Non a subida abusiva de impostos". Na comitiva estaba presente o presidente da asociación patronal local, Asemvi, Fidel Roget e o líder do BNG, Manuel Antelo Pazos así como varios membros da formación nacionalista.Tamén se promoviu un peche de comercios durante uns trinta minutos.

 

.Image

 

A Praza do concello de Vimianzo acolleu unha manifestación na que participaron un cento de veciños en contra da subida de impostos proposta polo executivo local socialista. O lema utilizado foi "Non a subida abusiva de impostos". Na comitiva estaba presente o presidente da asociación patronal local, Asemvi, Fidel Roget e o líder do BNG, Manuel Antelo Pazos así como varios membros da formación nacionalista.Tamén se promoviu un peche de comercios durante uns trinta minutos.Roget afirmou que animou a presentar alegacións a ordenanza aprobada e asegurou que esta subida non era para aumentar servizos, senón quen era para paliar a  mala xestión económica municipal. Pola súa parte, ó marxe das alegacións anunciadas polos manifestantes, fai breves datas o Partido Popular tamén anunciou que  presentaría as súas alegacións.