Image

O alcalde socialista de Vimianzo, con setenta anos  acabados de cumprir, ven de asegurar que os impostos aprobados  recentemente están en vigor e afirma que “O concello de Vimianzo é dos concellos que máis baratos ten os impostos da zona”. Anuncia que explicará as novas ordenanzas mediante unha carta ós veciños, e acusa o Bloque de utilizar a crispación, o desgoberno e o insulto coma ferramentas políticas.

Rodríguez Lema (PSOE) destacou a postura adoptada polo Partido Popular e rexeitou  a do BNG. Dos populares dixo que actuaran “con altura e con gañas de ser alternativa de goberno”, mentras que con respecto ós nacionalistas, Rodríguez dixo que “propoñían o desgoberno, provocaron crispación e insultaron”, ante unhas taxas que segundo o rexedor non subirán tanto coma comentaban desde o BNG. Con respecto as tres últimas alegacións chegadas desde Toledo e Santiago de Compostela por vía postal, o veterano alcalde comentou que “foron unha correa de transmisión” e ademáis “Houbo quén estaba no pleno e foi poñer a alegación a Santiago. Sería porque non tiñan tempo”. Tamén tivo palabras para o voceiro frontista, Manuel Antelo Pazos:
“Con él non se vai a ningunha parte. O consenso con eles non é posible de ningunha forma. Non entendo a postura do Bloque. O sr. Antelo tocou cun muro de formigón. O deles é de bloque pero o meu é de formigón”.