Image
Moncho Gándara recibirá este sábado unha homenaxe en Vimianzo, concello no que desenvolveu a súa laboura coma profesor pero no que tamén foi activo actor da súa vida política. "En Vimianzo parouse o reloxo", e unha conclusión que nos aporta o propio Moncho, para representar o momento de falta de ilusión e actividade que percibe no seu querido concello.

 

Chegou sobre o 1982 a Vimianzo logo de cumprir co servizo militar en Melilla "A chegada a Vimianzo foi como volver a vida, porque a pesares de que nacín nunha aldea de Muxía tiña poucas referencias desta vila". Así comenzaba o vencello de Gándara con este municipio. E tamén a súa laboura política. A súa orientación nacionalista tivo moita inspiración dunha estadía súa en Cataluña. No 1983, xa participou una candidatura de Unidade dos Veciños acompañando ó hoxe edil de Terra Galega en Fisterra, Xan García Pouso. "Os principios políticos foron dificultosos e con moitas murallas, pero foron apaixoantes".E desde entón como dí o bolero "toda unha vida". Concelleiro durante tres lexislaturas con Unidade Dos Veciños (83,87, e 91) , ata formar parte das lista dos BNG . En 1995 a candidatura nacionalista era encabezada por García Pouso (Gándara foi durante estes anos o seu número dous), e xa no 1999 e 2003, preséntase coma cabeza de lista. Nos últimos comicios acompañou simbólicamente ó novo líder, Manuel Antelo Pazos. Agora,por motivos profesionais e personais trasládase a Fene. Pero nestes meses aínda tivo tempo para colaborar na creación do GDR Costa da Morte. Esta é unha pequena reseña sobre a súa biografía.

 

Image

Ramón Gándara participou nunha longa entrevista que tivo lugar en Protagonistas de Punto Radio Noroeste- Radio Líder e lembrou diferentes momentos da súa traxectoria. No aspecto negativo, a desaparición de Eva Lavandeira e no positivo a Residencia dos Mayores "xa que é o maior investimento da historia do concello".

Pero tamén falou do presente político de Vimianzo. Mandou unha mensaxe de ánimo e confianza no actual grupo nacionalista no consistorio,formado por Manuel Antelo, Fernando Mancebo e María José Ramos "que o están facendo moi ben". Ó veterano político non lle gusta a actual paisaxe política na capital de Soneira. Estas foron algunhas reflexións:

 

"A xente de Vimianzo está desanimaba políticamente. Está desfondada. É como se se parara o reloxo co resultado das últimas eleccións. Os políticos teñen que saber dar o relevo político. Vimianzo está parado.

 

"Os alcaldes de toda España, gobernan e en Vimianzo só falamos das proximas eleccions de maneira recurrente. Nunca vin unha situación neste concello tan mala coma esta. Non hai plantexamentos nin traballo de futuro. Temos un reloxo parado".

Image

"Sobre Moncho Gándara"

"Ó marxe dos principios políticos que poida ter cadaquén, non se pode ocultar que Ramón Gándara Martínez ten un nome propio dentro da historia política de Vimianzo e da Costa da Morte. E cómpre valorar a súa adicación a temas tan importantes como as demandas educativas nos anos oitenta, ou mesmo a defensa dos Batáns de Mosquetín, por poñer dous exemplos que me veñen a mente. Moncho foi sempre un home entregado as súas ideas nacionalistas de esquerdas, por propia convicción, nuns tempos nos que estamos cheos de profisionais da política e kamikazes a soldo. Entende a política coma unha canle de servizo ó pobo, ó traverso do seu pensamento. O nacionalismo débelle moito na comarca a Moncho Gándara, pero na Costa da Morte tamén serán sempre necesarios persoeiros tan voluntariosos coma él. Deixa moitos amigos na zona e un traballo intenso. Merece o seu capítulo na nosa historia política".

 

Por Xosé Manuel Lema Mouzo.