Image
O Concello de Vimianzo é un dos municipios máis madrugadores a hora de aprobar os seus orzamentos. Anosacosta xa recolleu o interese do alcalde socialista por buscar a súa aprobación. E apuntaba ó Partido Popular.Pero a súa voceira Carmen Borbujo asegura que aínda que mantiveron "colaboracións puntuais" co goberno en varios temas, "non damos cheques en branco" e un hipotético apoio do principal grupo da oposición pasaría por varias condicións que queren poñer enriba da mesa.

 

"En Vimianzo non se está levando a cabo o proxecto do Partido Popular. Estamos colaborando puntualmente co goberno para que o concello non se paralice". Así de explícita se mostra a portavoz popular Carmen Borbujo, que asegura que no último ano o seu partido foi conseguindo diferentes melloras para o municipio e gracias ó seu traballo e a apertura de marcos de negociación "fóronse conseguindo melloras e sacando adiante proxectos impulsados por nós e recollidos dos propios veciños".

Image

Ante a intención do alcalde socialista,Alejandro Rodríguez Lema de buscar o apoio do PP para a aprobación dos orzamentos, Borbujo advirte "que nós nunca demos un cheque en branco a ninguén" e polo tanto para lograr o respaldo ou conseguir de que o PP non vote en contra, deberán ser unhas contas "que atendan tamén aspectos que o PP considera fundamentais como a reducción dos gastos de personal, a posta en marcha da xestión da Casa da Cultura, o impulso da piscina climatizada ou diversas melloras nas parroquias".

Tamén cree que hai que ir recollendo puntos do Proxecto Altamira, deseñado no seu día polos populares "comenzando por unha entrada digna no noso territorio con actuación en A Piroga e a parroquia de Bamiro" . Carmen Borbujo insiste en que teñen varias cuestións que consideran imprescindibles " e senón poden buscar apoio ós presupostos noutros partidos".